Revistas Educación
Bibliotecas escolares
-Revista Galega de Educación-
bibliotecas, lectura, abertas
A Revista Galega de Educación, levou a cabo un número especial sobre a covid_19. Neste caso compartimos un artigo sobre a reinvención das bibliotecas escolares abertas, clubs de lectura e lecturas compartidas de novo formato. Podes atopar o artigo nas páxinas 39 a 42.
Recomendacións sobre a ventilación nos centros
-Anpe Galicia-
ventilación, protocolo, covid
Trátase dunha guía na que se recollen as pautas a seguir para unha correcta ventilación segundo o protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros educativos. Ademais, nos anexos conta cunha listaxe de posibles medidores de CO2, de ventiladores mecánicos e purificadores.
Revista Kareal
-IES Ramón Mª Aller Ulloa-
revista, covid, confinamento
Este IES crea unha revista dende o departamento de Lingua Castelá. Este número 17 está adicado ó covid. Experiencias, actividades e creatividade durante o confinamento e moito máis.