EDUCAR

en tempos  de covid

-banco de recursos educativos-

" un proxecto de tod@s, para tod@s"

Este banco de recursos adicado a materiais educativos e recursos didácticos creados e/ou compartidos para afrontar a crise da covid_19, foi realizado polos docentes Jesús Rodríguez Rodríguez e Tania Caamaño Liñares, o alumnado da materia Deseño e Elaboración de Materiais Didácticos da Facultade de Ciencias da Educación na Universidade de Santiago de Compostelaen colaboración coa deseñadora Antía Bagni. Trátase dun proxecto cooperativo no que cada ano, o novo alumnado que entre na materia, actualizará o banco procurado, analizando e seleccionando o material axeitado.

viruscovid2.png

Que podes atopar?

Organizamos os materiais e recursos pensando n@s detinatari@s. Atoparás na liña superior desta páxina, apartados para Educación Infantil, Primaria e Secundaria, un apartado para Familias, para Docentes e para os Centros Educativos. Dentro de cada un destes apartados, ordenamos os recursos e materiais en función á fonte na que os atopamos: youtube, editoriais, revistas de educación, etc. Se precisas buscar un recurso por temática ( contos, guías ou xogos, por exemplo) podes ir ó buscador interno da páxina e poñer as palabras chave que precises. 

Comunidade colaborativa

Fixeches ou coñeces algún recurso que queiras compartir? Estaremos encantadas de engadilo. Podes enviarnos as túas suxestións ó seguinte correo: 
 
obancoderecursos@gmail.com

Ángela Barbeira Gallardo      Irene  Barca Barbazán    Paula  Blanco López    Borja  Buján Vidal    Tania Caamaño Liñares   María Cabana Bedoya    Valeria Cainzos Castro    Sofía Caldera Álvarez    Sabela María Castro Dafonte   Manuel Dacosta Fociños    Saray Darriba González    Paula Dopazo Mouriño    María Durán Cal    Diego Eitor Casal    Iria Fernández Escuris    Miguel Fernández Lema    Rebeca Ferrero Losada    Zaida López Estévez    María Mourelos Jurjo    Gemma Muíña Bermúdez    Carlota Muñoz Rielo    Antía Ozores Quinta   Ana Pedrouzo Fariña   Rebeca  Puentes Carro    Jesús Rodríguez Rodríguez    María Jesús Teo Mato    Hugo Verdeal Hermida    Noa Vidal Fariñas

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now