Revistas Educación
Bibliotecas escolares
-Revista Galega de Educación-
bibliotecas, lectura, abertas
A Revista Galega de Educación, levou a cabo un número especial sobre a covid_19. Neste caso compartimos un artigo sobre a reinvención das bibliotecas escolares abertas, clubs de lectura e lecturas compartidas de novo formato. Podes atopar o artigo nas páxinas 39 a 42.
Discriminación da mocidade
-Revista Galega de Educación-
mocidade, vulnerabilidade, pandemia
Adolescencia e vulnerabilidade en tempos de pandemia. Un artigo sobre dificultades sociais e a alarma que debe supoñer esta situación para un sistema educativo inclusivo. Podelo atopar neste número da Revista Galega de Educación nas páxinas 20-23.
Revista Kareal
-IES Ramón Mª Aller Ulloa-
revista, covid, confinamento
Este IES crea unha revista dende o departamento de Lingua Castelá. Este número 17 está adicado ó covid. Experiencias, actividades e creatividade durante o confinamento e moito máis.