Redes Sociais
Comunicación con Walkie
-EIM A Caracola-
debuxo, creatividade, virus
Dende a EIM A Caracola, de A Coruña, ofrécese unha alternativa para favorecer e mellorar a comunicación entre o persoal da escola a través do uso de Walkie Talkies, debido a que esta se ve moi coartada e en moitos casos é defciente debido as normativas do protocolo COVID.
Circuíto
-CEIP Frian Teis-
organización, entrada, saída
Este recurso, procedente do CEIP Plurilingüe Frian Teis, pretende que tanto as almnado como persoal da escola, leven a cabo unha saída e entrada do recinto mais organizada e doada, mediante o deseño dun circuíto imitando ás normas de circulación vial implantada na nosa vida cotiá.
STOP nos baños
-CEIP Bragade-
aforo, aseos, stop
Dende o CEIP Plurilingüe Bragade , en Oza-Cesuras, propoñen que cada neno ou nena, deseñe un STOP personalizado que empregará para pegar na porta dos aseos cada vez que queira empregalo. Deste xeito, se algúen vai ao aseo nese intre, sabe que está ocupado, evitando a súa entrada e asegurando o máximo dunha persoa.
Cartelería Pictogramas
-educación espacial-
hixiene, normas, rutina
Nesta conta de Diana Bericochea compártese moito material sobre atención a diversidade: pictogramas, mesas de luz, lectoescritura e moito más. Neste caso compartimos un cartel con pictogramas para unha boa comprensión das normas na aula.
Carteis de deseño
-alemosgar-
arte, deseño, carteis
O artista Alejandro Mosquera García pon a disposición da súa clientela unha serie de carteis deseñados por el para facer deste novo decorado nas aulas, unha oportunidade de compartir arte e innovación
Limpacovids
-tojeirorios-
xogo, manipulativo, covid
Trátase dun xogo solidario creado por alumnas e alumnos de 5º de primaria do colexio CEIP Isidro Parga Pondal e a mestra Alicia Tojeiro Ríos. Podes atopalo na tenda Crecer Creando ( A Coruña) ou reservalo no correo da mesma tenda. Todo o recaudado será doado a Cáritas Oleiros