Redes Sociais
Circuíto
-CEIP Frian Teis-
organización, entrada, saída
Este recurso, procedente do CEIP Plurilingüe Frian Teis, pretende que tanto as almnado como persoal da escola, leven a cabo unha saída e entrada do recinto mais organizada e doada, mediante o deseño dun circuíto imitando ás normas de circulación vial implantada na nosa vida cotiá.
Experimento de pementa
-La clase Lila-
experimento, pementa, visual
Ao entrar nesta publicación de La clase Lila, atopamos un recurso no que se emprega pementa negra, auga, xabón e un prato (preferiblemente branco). Vertemos un vaso de auga no prato e botamos a pementa negra, posteriormente mollamos o dedo en xabón e tocamos a auga con pementa e observamos como a esta se aparta cara os bordes grazas ao efecto do xabón. Un xeito visual do comprender o que pasa cando temos unha boa hixiene de mans.
STOP nos baños
-CEIP Bragade-
aforo, aseos, stop
Dende o CEIP Plurilingüe Bragade , en Oza-Cesuras, propoñen que cada neno ou nena, deseñe un STOP personalizado que empregará para pegar na porta dos aseos cada vez que queira empregalo. Deste xeito, se algúen vai ao aseo nese intre, sabe que está ocupado, evitando a súa entrada e asegurando o máximo dunha persoa.
Que son os xermes?
-EEI O Areal-
experimento, xermes, visual
O EEI Areal de Baiona , elaborou un vídeo no que se mostra como se propaga a fariña e como queda suspendida polo aire durante un tempo. Por outra banda, observando a segunda imaxe vemos que a mestra esparexeu purpurina polas diferentes superficies da aula para que os nenos e nenas que as tocasen fosen conscientes da cantidade de xermes que quedan nas nosas mans
Lavamos as mans
-CEIP Ponte Carreira-
mans, lavado, hixiene
O CEIP Ponte Carreira de Frades, amósanos un xogo para comprobar se lavan ben as mans ao longo do día. Consiste en facer un debuxo nas súas mans, o cal irá desaparecendo cos lavados. A maiores aporta un cartel cos pasos a seguir para unha correcta hixiene das nosas mans.
Canal 7 noticias
-Santi Vilas-
informativos, covid,IES
Santi Vilas é alumno do IES Eusebio da Guarda, e gracias a súa canle de instagram e youtube, facilita información sobre como se está vivindo a situación da pandemia, como acceder ó centro ou como inflúen os protocolos no alumnado
Normas da Biblioteca
-IES Maximino Romero-
lectura, biblioteca, normas
A biblioteca deste instituto de Baio ( A Coruña) achega moitas publicacións sobre materias de lectura, actividades ou concursos que levan a cabo. Neste caso compartimos tamén as normas que crean para que ese acceso a cultura sexa seguro.
Carteis de deseño
-alemosgar-
arte, deseño, carteis
O artista Alejandro Mosquera García pon a disposición da súa clientela unha serie de carteis deseñados por el para facer deste novo decorado nas aulas, unha oportunidade de compartir arte e innovación
Limpacovids
-tojeirorios-
xogo, manipulativo, covid
Trátase dun xogo solidario creado por alumnas e alumnos de 5º de primaria do colexio CEIP Isidro Parga Pondal e a mestra Alicia Tojeiro Ríos. Podes atopalo na tenda Crecer Creando ( A Coruña) ou reservalo no correo da mesma tenda. Todo o recaudado será doado a Cáritas Oleiros
Cartelería Pictogramas
-educación espacial-
hixiene, normas, rutina
Nesta conta de Diana Bericochea compártese moito material sobre atención a diversidade: pictogramas, mesas de luz, lectoescritura e moito más. Neste caso compartimos un cartel con pictogramas para unha boa comprensión das normas na aula.
Marchamos de viaxe
-aprendiendo juntos en 6b-
viaxe, virtual, confinamento
A mestra Lucía comparte nesa conta as actividades e proxectos que leva a cabo na súa aula de 6, como ben indica o nome da conta. Durante o confinamento compartiu todos os proxectos levados a cabo dende a distancia entre eles, un viaxe virtual que podedese ver neste enlace.