top of page

Redes Sociais

viruscovid.png
cartoon-virus-set-vector.jpg
O meu coronavirus
-Semente Vigo-

debuxo, creatividade, virus

Esta actividade proposta pola escola Semente de Vigo presenta un recurso composto por diferentes imaxes de debuxos elaborados por nenos e nenas, neles podemos observar como cadaquen visualiza e entende o COVID. 

  • Negro del icono de Instagram
Captura de pantalla 2021-01-21 a las 18.
Cifras e Letras
-CEIP de Serán-

relación, números, imaxinación

Este centro formula un recurso de traballo matemático onde se leva a cabo o cálculo a través da relación entre o símbolo numérico e o número de covids ) que lle corresponda, fomentando a imaxinación e diferencia entre cada visión do virus.

  • Negro del icono de Instagram
Captura de pantalla 2021-01-21 a las 19.
Lavamos as mans
-CEIP Ponte Carreira-

mans, lavado, hixiene

O CEIP Ponte Carreira de Frades, amósanos un xogo para comprobar se lavan ben as mans ao longo do día. Consiste en facer un debuxo nas súas mans, o cal irá desaparecendo cos lavados. 

  • Facebook
Captura de pantalla 2021-01-21 a las 19.
Saúdos
-Casa niño Pequeniñxs-

contacto, saúdo, distancia

A casa niño Pequeniñxs de Dozón en Ourense, comparte un recurso en formato imaxe nas que se recollen exemplos de diferentes formas de saúdo evitando o contacto.

  • Negro del icono de Instagram
Captura de pantalla 2021-01-21 a las 19.
Un saúdo de cóbados
-Casa niño A Croa-

conto, covid, pandemia

Este conto, creado pola Casa Niño A Croa de Riotorto, trátase dun recurso para explícarlles ós nenos e ás nenas que pronto se volverán a ver de forma segura nun novo curso. 

  • Negro del icono de Instagram
Captura de pantalla 2021-01-21 a las 19.
Normas da escola
-CRA A Tarandeira-

organización, normas, encargadxs

Adaptar o momento de recordar as normas en Ed. Infantil pode volverse complicado coa situación que vivimos. Aquí unha idea do CRA A Tarandeira

  • Negro del icono de Instagram
Captura de pantalla 2021-01-21 a las 19.
Circuíto
-CEIP Frian Teis-

organización, entrada, saída

Este recurso, procedente do CEIP Plurilingüe Frian Teis, pretende que tanto as almnado como persoal da escola, leven a cabo unha saída e entrada do recinto mais organizada e doada, mediante o deseño dun circuíto imitando ás normas de circulación vial implantada na nosa vida cotiá.

  • Negro del icono de Instagram
Captura de pantalla 2021-01-21 a las 19.
Que son os xermes?
-EEI O Areal-

experimento, xermes, visual

 O EEI Areal de Baiona , elaborou un vídeo no que se mostra como se propaga a fariña e como queda suspendida polo aire durante un tempo, pero tamén incorpora purpurina neste experimento, para que será?

  • Negro del icono de Instagram
Captura%20de%20pantalla%202021-01-24%20a
Proxecto Artístico
-Tatatateach-

arte, debuxo, máscara

Esta mestra de Educación Primaria, e inglés comparte moitos recursos e materiais creados por ela mesma. Unha conta que seguir para parender e compartir. Neste caso móstranos o resultado dun traballo do alumnado que se debuxa con e sen máscara, para recoñecernos en calquera das situacións. 

  • Negro del icono de Instagram
Captura%20de%20pantalla%202021-01-24%20a
Lavar as mans
-CRA Vilaboa-

hixiene, mans, rutina

Este CRA comparte no seu instagram un montón de recursos e actividades do seu día a día,neste post móstrannos como incluíron o lavado de mans a súa rutina a través dun modelo e a súa repetición para automatizar o proceso en cada neno e nena individualmente. 

  • Negro del icono de Instagram
Captura de pantalla 2021-01-24 a las 19.
O meu cuadro favorito
-aprendiendo juntos en 6b-

arte, confinamento, similares

Unha conta para seguir e aprender, neste caso a mestra Lucía comparte un proxecto feito durante o cofinamento. Que mellor para aprender e distraerse que esta proposta artística. Quedamos a cuadros!

  • Negro del icono de Instagram
Torriñosuper (2).png
Super ideas
-CEIP Torre Cela-

recursos, reflexións, compartir

O CEIP Torre Cela crea este muro virtual onde compartir ideas, imaxe, reflexións, música, enlaces... Unha creación moi completa e creativa que vos invitamos a visitar.

  • Negro del icono de Instagram
Captura de pantalla 2021-01-24 a las 20.
Nova Cartelería
-A mestra Cris-

cartelería, imaxes, normas

Outra creación propia de carteis para as aulas e o centro. Un xeito visual de comprender e integrar as novas rutinas dos centros. 

  • Negro del icono de Instagram
Captura de pantalla 2021-01-24 a las 20.
Cartel con medidas de hixiene
-aprendemos sorrindo-

cartelería, imaxes, normas

Esta conta comparte moito material e recursos, neste caso cartelería en diversas linguas para poñer nas aulas e nos pasillos do centro educativo. 

  • Negro del icono de Instagram
Captura de pantalla 2021-01-24 a las 20.
Máscaras artísticas
-a clase do alborada-

arte, deseño, debuxo

Como serían as máscaras dxs famosxs artistas?  Nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria resólvennos a dúbida con esta fermosa actividade do Colexio Vilas Alborada. 

  • Negro del icono de Instagram
Captura de pantalla 2021-01-21 a las 19.
Equipos de traballo
-CRA A Tarandeira-

organización, burbulla, grupos

O CRA A Tarandeira, publicou na súa conta unha de Instagram unha dimanica para facer na aula, móstrase un deseño de pulseira determinado, cunha frase positiva, esta será decorada segundo o gusto de cada un/unha. Unha maneira de organizarse e crear grupos de traballo burbulla.  

  • Negro del icono de Instagram
Captura de pantalla 2021-01-21 a las 19.
Experimento de pementa
-La clase Lila-

experimento, pementa, visual

Ao entrar nesta publicación de La clase Lila, atopamos un recurso no que se emprega pementa negra, auga, xabón e un prato (preferiblemente branco). 

  • Negro del icono de Instagram
Captura de pantalla 2021-01-24 a las 19.
Carteis de deseño
-alemosgar-

arte, deseño, carteis

O artista Alejandro Mosquera García pon a disposición da súa clientela unha serie de carteis deseñados por el para facer deste novo decorado nas aulas, unha oportunidade de compartir arte e innovación

  • Negro del icono de Instagram
Captura de pantalla 2021-01-24 a las 19.
Cartelería Pictogramas
-educación espacial-

hixiene, normas, rutina

Nesta conta de Diana Bericochea compártese moito material sobre atención a diversidade: pictogramas, mesas de luz, lectoescritura e moito más. Neste caso compartimos un cartel con pictogramas para unha boa comprensión das normas na aula. 

  • Negro del icono de Instagram
Captura de pantalla 2021-01-24 a las 19.
Beneficios do Mindfulness
-a respiración das baleas-

mindfulness, relaxación, calma

A conta de instagram a respiración das baleas comparte tips e consellos sobre mindfulness, nesta entrada facendo unha valoración dos beneficios que ten practicar esta modalidade. 

  • Negro del icono de Instagram
Captura de pantalla 2021-01-24 a las 20.
Todo o día na casiña
-Fabrica dos soños-

música, vídeo, confinamento

Fábrica de soños é unha conta creada por mestras de infantil. Crearon esta canción que comparten para todos nós, a que podedes acceder premendo aquí. 

  • Negro del icono de Instagram
Captura de pantalla 2021-01-24 a las 20.
Retos semanais
-CRA Ponte da pedra-

retos, actividades, scape

Este CRA de Carballo comparte retos e actividades para o seu alumnado. Durante o confinamento non foi a menos e achégannos un scape room para educación primaria e un reto para educación infantil. 

  • Negro del icono de Instagram
Captura de pantalla 2021-01-24 a las 20.
Ficamos na casa
-Leando Lamas-

arte, debuxo, aprendizaxe

Leando Lamas é un coñecido artista galego que acompañou a moitos e moitas galegas durante o confinamente compartindo as súas creacións con vídeos para aprender a debuxar. Podes ver todas as súas obras na súa canle.

  • Negro del icono de Instagram
123221108_2337463926399841_7861168960931
Samaín Adaptado
-CEIP As Covas de Meaño-

adaptación, festividade, samaín

Adaptar á situación actual as festividades nos centros foi un común en todo o territorio galego. Este centro amósanos como un problema se pode volver unha oportunidade. 

  • Facebook
Captura de pantalla 2021-01-21 a las 19.
STOP nos baños
-CEIP Bragade-

aforo, aseos, stop

Dende o CEIP Plurilingüe Bragade , en Oza-Cesuras, propoñen que cada neno ou nena, deseñe un STOP personalizado que empregará para pegar na porta dos aseos cada vez que queira empregalo. Deste xeito, se algúen vai ao aseo nese intre, sabe que está ocupado, evitando a súa entrada e asegurando o máximo dunha persoa. 

  • Negro Facebook Icono
Captura de pantalla 2021-01-21 a las 19.
 Recunchos
-mestra en abelendo-

protocolo, recunchos, organización

Como organizar os recunchos adaptándose a protocolos e medidas? Esta mestra achéganos a súa proposta. 

  • Negro del icono de Instagram
Captura de pantalla 2021-01-24 a las 19.
Limpacovids
-tojeirorios-

xogo, manipulativo, covid

Trátase dun xogo solidario creado por alumnas e alumnos de 5º de primaria do colexio CEIP Isidro Parga Pondal e a mestra Alicia Tojeiro Ríos. Podes atopalo na tenda Crecer Creando ( A Coruña) ou reservalo no correo da mesma tenda.  Todo o recaudado será doado a Cáritas Oleiros 

  • Negro del icono de Instagram
Captura de pantalla 2021-01-24 a las 19.
Marchamos de viaxe
-aprendiendo juntos en 6b-

viaxe, virtual, confinamento

A mestra Lucía comparte nesa conta as actividades e proxectos que leva a cabo na súa aula de 6, como ben indica o nome da conta. Durante o confinamento compartiu todos os proxectos levados a cabo dende a distancia entre eles, un viaxe virtual que podedese ver neste enlace.

  • Negro del icono de Instagram
Captura de pantalla 2021-01-24 a las 20.
Como imaxinas ó becho?
-CEIP Torre Cela-

becho, covid, debuxo

O CEIP Torre Cela, comparte con nós a visión dxs pequenxs do centro sobre o becho. Unha tarefa motivante e creativa que fai perderlle algo de medo a situación social. 

  • Negro del icono de Instagram
Captura de pantalla 2021-01-24 a las 20.
Facendo máscaras
-Profe Raquel infantil-

​máscaras, crear, deseño

Deseñar, debuxar e coser. Un proceso artístico levado a cabo pola mestra Raquel de infantil no CRA de Culleredo. Moi entretida e precisa.

  • Negro del icono de Instagram
Captura de pantalla 2021-01-24 a las 20.
​Lámpara de Lava
-Ciencia Divertida-

lampara, experimento, ciencia

Cada semana esta conta tráenos divertidos experimentos cos que aprender e divertirnos coa ciencia dende a casa. Neste enlace podemos crear unha lámpara de lava.

  • Negro del icono de Instagram
Captura de pantalla 2021-01-24 a las 20.
Propostas de actividades
-amaestramalena-

recursos, actividades, inicio

30 contas educativas xúntanse para crear este dossier de 90 páxinas con actividades para os primeiros días de clase. 

  • Negro del icono de Instagram
Captura de pantalla 2021-01-25 a las 11.
Propostas para casa
-CRA Antía Cal-

actividades, plastilina, casa

Nas redes deste CRA podedes ver as diversas propostas que foron facendo durante o confinamento. A quen non lle gusta experimentar con plastilina caseira?

  • Facebook
bottom of page