Páxinas Oficiais
Portafolio Agueiro
-Xunta de Galicia-
comunidade, colaboración, espazo
Esta plataforma en liña permite crear unha comunidade educativa virtual para ser empregada polo profesorado e alumnado do centro. Ten diversas funcións, xa que pode utilizarse coma unha rede social, como un portfolio, pero tamén como un espazo libre para o almacenamento na nube. Isto facilita a participación conxunta do alumnado en diversas actividades, permitindo o establecemento de comunicación sen implicar presencialidade, algo que pode verse dificultado en tempos de pandemia.
Escolas na nube
-Xunta de Galicia-
nube, ferramentas, comunicación
Esta nube é a contorna de traballo (un sistema operativo virtual) que se emprega nos colexios rurais galegos para acceder aos recursos e arquivos que se comparten
Redeiras
-Xunta de Galicia-
rede social, profesorado, comunicación
Redeiras é unha rede social educativa proporcionada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Esta rede social proporciona á comunidade docente un espazo de comunicación e colaboración onde intercambiar ideas, propostas, recursos, actividades e iniciativas, promovendo así unha filosofía de coñecemento aberto
App Abalar
-Xunta de Galicia-
app, móbil, avisos
Consiste nunha aplicación móbil dispoñible para android e ios, que facilita a comunicación e a transmisión de información e novidades entre as familias e o profesorado de forma sistemática. Asemade, permite a consulta de datos, cualificacións ou xustificar a asistencia, entre outras funcións.
Covid Pass
-Xunta de Galicia-
app, covid, información
Esta aplicación permite manterse informadxs en todo momento, as novas cambiantes case cada semana, e o múltiples medios de información complican o acceso de xeito sinxelo. Con esta app a información esquemática e rápida é unha realidade.
Protocolo
-Xunta de Galicia-
protocolo, adaptación, covid
Protocolo de prevención e organización do regreso á actividade lectiva onde se recollen as recomendacións sanitarias aprobadas ata o momento da súa elaboración.
Materiais exploración
-Xunta de Galicia-
covid, xénero, relación
Neste repositorio web recóllense algúns artigos, estudos e testemuños, nos que se analiza dende a perspectiva de xénero a incidencia da COVID-19 na poboación. O documento central é unha compilación elaborada pola Universidade de Vigo, ademais de documentos relativos á igualdade de homes e mulleres durante a pandemia, a incidencia da violencia machista durante o tempo de confinamento domiciliario etc.
Falemos Edu
-Xunta de Galicia-
comunicación, virtual, profesorado
Plataforma de videoconferencia promovido pola propia Xunta de Galicia que permite ao profesorado a realización de reunións virtuais no ámbito formal.
Comunicación Abalar
-Xunta de Galicia-
comunicación, virtual, profesorado
O Servizo de comunicación espazoAbalar para profesorado e centros é unha plataforma informática que permite o contacto entre o profesorado e as familias para informar de todas as noticias e avisos correspondentes á escola. Este recurso ofrece diferentes tipos de mensaxes en función das necesidadades dos seus usuarios: mensaxes privadas (o profesorado vai poder personalizar os contidos), mensaxes de difusión (notificacións de interese para todo o grupo) e mensaxes tipo sala (creación de novas comunicacións dirixidas ás persoas responsables do alumnado).
Aulas virtuais
-Xunta de Galicia-
aula, virtual, materiais
A plataforma Webs dinámicas ofrece a posibilidade de que cada centro educativo dispoña dunha aula virtual para que o persoal docente poida compartir materiais didácticos de cada materia, elabore e planifique tarefas ou tests, se estableza unha canle de comunicación entre alumno/a-profesor/a etc. Asemade, estas aulas ofrecen unha ampla flexibilidade na importación e exportación de experiencias educativas coas plataformas doutras escolas.
Radar Covid
-Goberno de España-
app, información, positivos
Esta aplicación deseñada pola Secretaría de Estado de Digitalización e Inteligencia Artificial del Gobierno de España móstrase imprescindible no combate contra o virus. Dun xeito anónimo podes informar se eres positivo ó virus e/ou se estiveches exposto a el.
Protocolo
-Xunta de Galicia-
prevención, ACNEE, diversidade
É unha ampliación do protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-21, con medidas específicas para os alumnos e alumnas con NEAE
Enquisa Autoavaliación
-Xunta de Galicia-
enquisa, síntomas, protocolo
Trátase dun cuestionario a cubrir por toda a comunidade educativa, contestando a preguntas en relación co seu estado de saúde, para detectar posibles síntomas e evitar novos contaxios.
Os gardiáns e gardiás do arco da vella
-Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia-
proxecto, colaborativo, comunidade
O Colexio Oficial de Psicoloxía crear este programa comunitario, enfocado a mellorar o coidado da saúde mental e benestar de todxs. Podedes acceder a explicación do mesmo neste enlace.
Cartelería
-Xunta de Galicia-
enquisa, síntomas, protocolo
Esta cartelería está dirixida ós equipos directivos da comunidade galega, para ser incluída nos mesmos e poder informar ó alumnado, profesorado e demais persoal, das medidas sanitarias que deben seguir no seu día a día na escola.
Recomendacións para a comunidade educativa
-Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia-
recurso, consellos, comunidade
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia comparte unha pubicación para toda a comunidade educativa: familias, docentes e alumnado. Con consellos e pautas para facer máis levadía a situación sanitaria.