top of page

Editoriais

viruscovid.png
1. A tropa contra o virus.jpg
A Tropa contra o virus
-Xerais-

conto, virus, equipo

Un conto de Alberto Avendaño. Monchiña e Floreano lideran un grupo de personaxes que se unen á doutora Peralta para derrotar o coronavirus.
Relata unha fermosa historia de amor e esperanza, onde o humor nos acompaña para mostrarnos o camiño da solidariedade.

2. #euquedonacasa.jpg
Eu quedo na casa
-Xerais-

conto, pandemia, confinamento

Neste conto de Ramón D. Veiga ilustrado por Iván R, un neno comeza o confinamento con alegría por non ter que ir a escola, pero a medida que van pasando os días pechado na casa, váiselle facendo máis cara  arriba. Xa só desexa poder saír a xogar, pero mentres, o virus continúa...#QuedaNaCasa. 

3. A invasión de coroavirus.jpg
A invansión de coroavirus
-Grupo Hércules -

conto, virus, invasión

Un conto de Charo Baleirón e Estefanía Padullés. Con el pretenden axudar a pequenos e pequenas a comprender a situación e convivir coas rutinas creadas para afrontar esta situación. 

4. O contaxio.jpg
Contaxio
-Unicef-

conto, contaxio, cultura

Un fermoso traballo de María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso ilustrado polo xenial Leandro Lamas. Un conto audiovisual feito por un amplo elenco de actrices e actores de Galicia. 

5. Kalandraka TV.jpg
Kalandraca TV
-Kalandraca-

tv, contos, kalandraca

Esta editorial pon a disposición do público unha canle para difundir a literatural. A raíz do confinamento, promoveron este proxecto para escoitar, ver e ler libros. 

Captura de pantalla 2021-02-18 a las 12.
Lapbook Coronavirus
-Meninheira-

lapbook, diario, imprimible

Esta editora e deseñadora gráfica crea este fermoso Lapbook sobre o covid. Creatividade, deseño e información nun material único. Tamén podes atopar un diario do confinamento da mesma autora aquí

Contos atopados na rede 

Captura de pantalla 2021-01-26 a las 13.
Misión: quedar na casa
-Damaus-

pintar, conto, casa

Un conto editado por Dalmaus, con páxinas para pintar e darlle cor ó mesmo tempo que comprendemos a importancia de quedar na casa para combater ó virus. 

Captura%20de%20pantalla%202021-01-26%20a
Sabela, as zocas máxicas e o coronavirus
-@josecarbia-

conto, zocas,, pictogramas

Sabela, as zocas máxicas e o coronavirus é un vídeo-conto creado por Jose Carbia, mestre de música do CEE Miño (Ourense). 

Captura de pantalla 2021-01-26 a las 13.
Coronavirus
-Victoria Magdalena López-

conto, covid, coronavirus

Un conto de Victoria Magdalena Lóperz ilustrado por Giroillustator. Nel cóntannos que pasa con ese tal coronavirus e como a través de nós se move polo mundo. 

Captura de pantalla 2021-02-16 a las 21.
Bailaremos baixo unha estrela
-Fernanda Rodríguez Muguruza-

conto, covid, adaptado

Un conto que nos achega o mestre Luís López. Trátase dun conto de Fernanda Rodríguez Muguruza ilustrado por Eva Rami. Está dispoñible en galego, bable, catalán, portugués, inglés... No enlace que vos deixamos podedes atopar todas estas versións, así como a adaptación a LSE, pictogramas e mesmo o conto cantado. Un recurso moi completo e accesible. 

bottom of page