Centros Educativos
Guía práctica
-CEIP de Prácticas-
normas, educativas, prevención
O documento que comparte este centro educativo explica cales son as novas normas a seguir durante a pandemia. O orixinal é que están redactadas en diferentes táboas, polo tanto, son moito máis visuais e fáciles de entender que os documentos onde soamente existen páxinas de redacción. Entre as normas están os procedementos de entrada e saída, como serán as titorías e as xestións administrativas; a explicación da importancia do uso de máscara no centro educativo ou como se realizarán as festas e eventos neste primeiro trimestre.
Con moito sentidiño
-CEIP a Carballeira-
medidas, covid, checho
No blog “O murmurio das palabras”, desenvolto polos equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística do CEIP A Carballeira, estáblecese a entrada en mención: “Comezamos, con moito sentidiño!!!”. Para tratar o tema das pautas de actuación respecto ao coronavirus na escola fan uso da mascota do centro, é dicir, de Berberecho Checho, que, coa súa máscara posta, invita ao alumnado a empregala tamén e a respectar a distancia de seguridade, entre outras medidas que se deben tomar na escola.
Carta de Benvida
-CEIP Ramón Otero Pedrayo-
carta, benvida, informativo
Mediante este escrito, o equipo de profesorado de 3 anos, da a benvida ás novas familias ao centro. Desta maneira infórmanlles sobre o Boletín informativo e avisanlles de que aínda están a recibir información sobre as novas normas, polo que irán informando conforme se actualicen os datos.
Enquisa
-CEIP Chans Bembivre-
enquisa, protocolo, covid
A enquisa de autoevalución é una medida de prevención pola que optou o CEIP Chans para facer fronte ao coranavirus, os cales seguiron os criterios da Xunta de Galicia. Esta debe ser realizada diariamente tanto polo persoal do centro coma polo alumnado, coa axuda das familias. Os resultados acadados, deberán de comunicarse ao centro.
Normas con sentidiño
-CEIP Pontesampaio-
normas, sentidiño, covid
A páxina web do CEIP Pontesampaio conta, ao seu inicio, cun panel, titulado “recomendacións Covid-19”, no que se atopan unha serie de vídeos e documentos sobre dita enfermidade. Entre eles, atópase o de “normas con sentidiño”, no que dirixíndose directamente aos nenos e nenas, indica como deben de actuar nesta situación dende as súas casas ata o colexio, incluíndo actuacións que deben tomar durante a xornada escolar.
Inicio seguro
-CEIP Valle Inclán-
vídeo, explicativo, inicio
Trátase dun vídeo que explica as novas normas a adoptar por toda a sociedade educativa. Nun principio, presentan os síntomas que poden vincularse ao virus e que facer ante eles. A continuación, explícase como serán as entradas e saídas do alumnado no centro educativo, así como as normas de circulación e zonas de xogo no recreo sometidas a rotacións. Por último, describe como solicitar as titorías por videoconferencia.
Protocolo de adaptación
-CEIP Tabeaio-
protocolo, adaptación, covid
Este post, explica a nova normativa a seguir durante a etapa da pandemia, tanto do propio centro como da Xunta. Expoñen a información dunha maneira clara, sencilla e moito máis visual, separándoas con táboas e partindo dun índice para poder entender o que lerán a continuación.
Inicio de curso
-CEIP Valle Inclán-
inicio, normas, protocolo
O centro educativo Valle-Inclán de Vigo creou un documento dispoñible en PDF na súa páxina web no cal se indican as medidas de actuación a seguir, por parte do centro e de cada usuario que acuda a él para evitar contaxiarse de Covid. A súa vez, orienta ás familias, como se poden formar nesta situación e como facer en caso dunha nova situación de confinamento no novo curso escolar. Por último, expoñen que accións van a levar a cabo por parte do centro educativo e que poden facer as familias para sobrelevar a nova normalidade o mellor posible a nivel emocional e social.
Preguntas e Respostas
-CEIP de Carnota-
transporte, compañeirxs, máscara
Neste post atopamos preguntas e respostas habituais das familias cara ao centro escolar. Non é un post finalizado, senón que irase actualizando cando se formulen novas preguntas. Aquí as familias atoparán preguntas como: Fálase dun positivo relacionado co alumnado ou coas familias, teño que mandar ao neno/a ao cole? ou Cómo se establecen as parellas nos usuarios do transporte escolar?
Enquisa
-CEIP Alborada-
enquisa, recursos, opinión
Unha das entradas da páxina web do CEIP Alborada está destinada para aquelas familias que queren compartir a súa opinión en relación a como está xestionando o profesorado a práctica educativa. Ademais, fan cuestións para saber con que recursos contan na casa, como pode ser o ordenador ou a impresora
Sección Covid 19
-CEIP de Carnota-
volta, consellos, virus
Neste post do CEIP plurilingüe de Carnota, podemos atopar todo tipo de información e enlaces para visitar, como protocolos, contos, medidas da Xunta de Galicia e información do COVID 19. Por outro lado, os dous videos que atopamos, explican de maneira sinxela o que está a ocorrer no noso planeta.
Recursos para tempos de covid
-CEIP Condesa de Fenosa-
recursos, actividadess, orientación
O Blogue do departamento de Orientación do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa, comparte unha gran cantidade de recursos, orientacións, xogos, actividades, canais de TV e ata viaxes. Todo sen saír da casa.
Recursos Covid
-Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia-
recursos, psixoloxía, emerxencia
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia comparte neste apartado da web todo os materiais creados pola emerxencia sanitaria do covid_19: axendas, guías, recursos para infancia, mocidade, maiores, familias, etc.
Unha ducia de webs
-praza-
recursos, web,programas
Praza comparte "Unha ducia de webs para seguir aprendendo en galego durante a corentena". Entre elas atopamos o portais de música, vídeos, editoriais, tv. Hai recursos para todxs, docentes, familias, alumnado, etc.
Recursos covid
-Aulas Galegas-
recursos, covid, coronavirus
Dende a páxina oficial de Aulas Galegas comparten unha gran cantidade de recursos para primaria, infantil, adolescentes, adultos, etc. Neste enlace atoparás aqueles específicos sobre o covid.
Especial Coronavirus
-CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao-
recursos, xogos, actividades
Un especial coronavirus dende o blogue do departamento de orientación deste centro. Podes atopar actividades para convivir en familia, recursos para alumnado, vídeos, contos, etc.
Recursos xerados por DO
-Orientación Galicia-
recursos, actividades, orientación
Comparten dende esta páxina de Orientación Galicia un banco de recursos xerados por diferentes departamentos de orientación, pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe e os equipos de orientación específicos de toda España.
Xogos para a corentena
-Xogos Tradicionais
tradición, xogos, corentena
Esta páxina web promovida polo observatorio do patrimonio lúdico galego, conta cun longo catálogo de artesás/áns, de museos, de páxinas web e por suposto, moitos xogo. Destacamos esta publicación chamada xogos para a corentena que non podes perder. Papiroflexia, para construír, xogos tradicionais...e moita diversión!
Canles de educación: TV
Aquelando na casa
-CRTVG-
ciencias, divulgación, aquelar
Aquelando é un programa de televisión de divulgación científica orientado a todos os públicos. Como apoio o alumnado galego que ve os centros educativos pechados, é emitido pola televisión de galicia. Ademáis deste enlace as emisións da tvg, podes acceder ó seu blog e atopar máis programas.
XeoClip
-CRTVG-
xeografía, recursos, programas
Durante o confinamento, a tvg promovío a dinamización de proxecto como XeoClip. Unha innovadora proposta didáctiva e audiovisual para a aprendizaxe de xeoloxía e paisaxe. Videos creados con últimas xeracións tecnolóxicas. Moi interesante e moi entretido.
Aprendemos en Casa
-Ministerio de educación e formación profesional-
recursos, materias, vídeos
O Goberno de España creou a través da TVE clases e formación en horario de mañá. De marzo a xuño do 2020 puidemos acceder a material educativo creado por mestres e mestras de todo o país dende a tv dos nosos fogares. Podes acceder a cada un dos programas neste enlace.