top of page

Páxinas Web

viruscovid.png
Recurso 9.png
Guía práctica 
-CEIP  de Prácticas-

normas, educativas, prevención

O documento que comparte este centro educativo explica cales son as novas normas a seguir durante a pandemia. O orixinal é que están redactadas en diferentes táboas, polo tanto, son moito máis visuais e fáciles de entender que os documentos onde soamente existen páxinas de redacción. Entre as normas están os procedementos de entrada e saída, como serán as titorías e as xestións administrativas; a explicación da importancia do uso de máscara no centro educativo ou como se realizarán as festas e eventos neste primeiro trimestre.

Recurso 10.png
Con moito sentidiño 
-CEIP  a Carballeira-

medidas, covid, checho

No blog “O murmurio das palabras”, desenvolto polos equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística do CEIP A Carballeira, estáblecese a entrada en mención: “Comezamos, con moito sentidiño!!!”. Para tratar o tema das pautas de actuación respecto ao coronavirus na escola fan uso da mascota do centro, é dicir, de Berberecho Checho, que, coa súa máscara posta, invita ao alumnado a empregala tamén e a respectar a distancia de seguridade, entre outras medidas que se deben tomar na escola.

Recurso 11.png
Lavamos as mans con Migallas
-CEIP  a Carballeira-

migallas, hixiene, biblioteca

Este blog  “O murmurio das palabras”, está desenvolto polos equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística do CEIP A Carballeira.  Neste apartado colgan un vídeo do grupo Migallas, no que ensinan aos rapaces e rapazas, mediante unha divertida canción en galego, a lavarse as mans, atendendo ao protocolo Covid-19.

Captura de pantalla 2021-01-22 a las 22.
O Emilia gaña ao coronavirus 
-CEIP  Emilia Pardo Bazán-

conto, principes, princ

Trátase dun conto realizado por alumnado e profesorado do centro que narra e presenta a situación de pandemia que se está a vivir. Ofrece un audio infantil, texto sinxelo e imaxes reais, sacadas por todos aqueles que participaron na súa elaboración. Pódese usar como exemplo para crear este mesmo tipo de recurso en calquera outro centro educativo de Galicia. 

Recurso 16.png
Eu quedo na casa 
-CEIP A Ponte-

conto, corentena, confinamento

Un conto sobre as aventuras dun neno durante o confinamento, que nos motiva a permanecer nesta situación ata que a situación mellore. 

Captura de pantalla 2021-01-22 a las 22.
Un conto para todxs 
-CEIP  San Roque-

conto, principes, princ

Na páxina web do CEIP Plurilingüe de San Roque de Darbo, encóntrase esta entrada ao seu blog, titulada “un conto para todos”. Dende o equipo de orientación propoñen aos nenos e nenas a lectura do libro de María Coco Hernando: Coronavirus no es un príncipe (ni una princesa). Cun formato de libro online, este presenta a unha personaxe infantil que vai narrando como, no confinamento, está pasando polo coronavirus, explicando o que é, os síntomas e as medidas a tomar.

Captura de pantalla 2021-01-22 a las 22.
Cada día
para vir ó cole
-CPR Salesianos A Mercé-

síntomas, materiais, distancia

Este post explica e ilustra diversos aspectos que temos que ter en conta ao ir á clase (cubrir a enquisa, a máscara, o material para non compartir e recordar manter a distancia social fóra da casa).

Recurso 5.jpg
Sección Covid 19
-CEIP de Carnota-

volta, consellos, virus

Neste post do CEIP plurilingüe de Carnota, podemos atopar todo tipo de información e enlaces para visitar, como vídeos, contos, protocolos ou medidas da Xunta de Galicia e información do COVID 19. . 

Recurso 7.jpg
Acollida emocional
-CEIP Antonio Blanco Rodríguez-

emocións, corentena, xogo

Documento que contén moitos consellos e formas de levar o periodo de corentena sen tanto estrés e cunha actitude positiva. 

Captura de pantalla 2021-01-25 a las 14.

pdf, informativo, covid

Unha explicación paso a paso de todo o que levamos vivido ata o de agora, con gráficos e conceptos sinxelos para que os nenos e nenas comprendan que o seus actos fan deles uns superheroes contra o virus. 

Captura de pantalla 2021-01-25 a las 12.

enquisa, covid, informativo

Unha enquisa dende o servicio galego de saúde para avaliarnos e saber canta información real coñecemos deste virus.

Captura de pantalla 2021-01-25 a las 14.
Escapa do virus
-Sergas-

xogo, interactivo, virus

Un xogo interactivo adaptado a diversas idades onde teras que escapar do virus axudándode de xeles, máscaras e outros materiais apropiados. Un xogo entretido e didáctico. 

dixit001.jpg
Recomendacións para a comunidade educativa 
-Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia-

recurso, consellos, comunidade

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia comparte unha pubicación para toda a comunidade educativa: familias, docentes e alumnado. Con consellos e pautas para facer máis levadía a situación sanitaria. 

Captura de pantalla 2021-01-25 a las 20.
Retrincos de cores
-Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia-

debuxo, infancia, superación

Un caderno emocional para traballar con nenos e nenas de educación infantil e primaria a situación que estamos vivindo a través do debuxo e as emocións. 

Captura de pantalla 2021-01-25 a las 21.
Guía Mindfulness
-Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia-

mindfulness, relaxación, estrés

O grupo de intervención psicolóxica en catástrofes e emerxencias (GIPCE) elaborou dúas guías  de mindfulness para levar a cabo en momentos de estres. Neste enlace podes acceder ás mesmas e ós audios para seguir as prácticas. 

descarga.jpeg
Poesía Confinada
-CEIP Isidro Parga Pondal-

poesía, confinamento, alumando

O alumnado de 5º de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Oleiros) quixeron conmemorar o día do libro creando poemas. Todos eles dende unha visión baixo o marco dunha pandemia. Na súa páxina podes atopar outros recursos e actividades levadas a cabo.

Captura%20de%20pantalla%202021-01-25%20a
Arte na casa
-CPI Castroverde-

arte, alumnado, casa

O CPI Plurilingüe de Castroverde comparte unha actividade levada a cabo dende os fogares do alumnado do centro. Trasnformáronse en cadros!

unicef-educa-salud-biblioteca-educacion-
Lavamos ben as mans
-Orientación Galicia-

hixiene, poema, actividade

Dende Orientación en Galicia, comparten esta actividade para educación infantil baseada no poema "Mans á aula". 

aulasgalegas80.png
Recursos covid
-Aulas Galegas-

recursos, covid, coronavirus

Dende a páxina oficial de Aulas Galegas comparten unha gran cantidade de recursos para primaria, infantil, adolescentes, adultos, etc. Neste enlace atoparás aqueles específicos sobre o covid. 

Unknown.jpg
Contidos e ocio en galego 
-CEIP Wenceslao Fernández Flórez-

contos, cancións, galego

Contidos e ocio en galego é a entrada que destinou este blogue de EDLG para recompilar contos, cancións e  moito material en galego para divertirse. 

logo.png
Propostas para casa
-CRA Mestre Manuel Garcés-

propostas, actividades, xogos

Comparten dende o CRA Mestre Manuel Garcés as propostas que lles enviaron ó alumnado durante os meses de confinamento. Podes atopar receitas, herbarios, pintura e ata viaxes!

descarga.png
Galiciencia proxectos
-CPI Poeta Uxío Novoneyra-

ciencia, experimentos, máscaras

Comparten na páxina do CPI Poeta Uxío Novoneyra os proxectos que presentario o Galiciencia 2020, entre eles podes ver experimentos sobre o uso das máscaras e moitos máis. 

logo_transparente.png
Traballos colaborativos 
-CEIP Condesa de Fenosa-

recursos, actividades, colaborativo

Nesta entrada da páxina do CEIP Condesa de Fenosa podemos ver os traballos que fixeron alumnado do primeiro ciclo de primaria. Poemas, contos... navegade pola súa web e atoparedes moito máis. 

Captura de pantalla 2021-02-16 a las 21.
Xogos para a corentena
-Xogos Tradicionais

tradición, xogos, corentena

Esta páxina web promovida polo observatorio do patrimonio lúdico galego, conta cun longo catálogo de artesás/áns, de museos, de páxinas web e por suposto, moitos xogo. Destacamos esta publicación chamada xogos para a corentena que non podes perder. Papiroflexia, para construír, xogos tradicionais...e moita diversión!

Captura de pantalla 2021-01-25 a las 22.
Recursos xerados por DO
-Orientación Galicia-

recursos, actividades, orientación

Comparten dende esta páxina de Orientación Galicia un banco de recursos xerados por diferentes departamentos de orientación, pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe e os equipos de orientación específicos de toda España.

descarga.jpeg
Escape Game Virtual
-CEIP Isidro Parga Pondal-

xogo, confinamento, virtual

Despos de moitos días confinadxs, este centro educativo crea un xogo en liña, un Escape Game. Preparadevos para superar cada misión antes de que finalice o tempo. 

Unknown.png

recursos, web,programas

Praza comparte "Unha ducia de webs  para seguir  aprendendo en galego durante a corentena". Entre elas atopamos o portais de música, vídeos, editoriais, tv. Hai recursos para todxs, docentes, familias, alumnado, etc. 

Captura de pantalla 2021-01-25 a las 23.
#quedamosnacasa
-CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao-

xogo, interactivo, familia

Dende o departamento de orientación deste centro comparten este xogo de mesa sobre o covid. Unha forma entretida de aprender e disfrutar xogando en familia. 

Captura de pantalla 2021-01-25 a las 19.

​música, confinamento, conservatorio

No blog Cotarelo, de normalización e dinamización lingüística do IES Monelos, podemos atopar esta entrada feita por un alumno de 4º da Eso onde fala da música no confinamento en os comparte as súas escoitas.

28164894_215942122297683_212232513630171
Carpetas Viaxeiras
-IES San Rosendo-

actividades, familia, creatividade

Esta actividade do IES San Rosendo, "Carpetas Viaxeiras" leva cinco obras de arte diferentes cada semana ás casas do alumnado de 2º da ESO

index.jpeg
Radio Aguiar
-IES Francisco Aguiar-

radio, covid, programa

O programa Son Aguiar, feito polo alumnado e profesorado do IES Francisco Aguiar comparte un especial en tempos de coronavirus. 

1584365848_234280_1584365878_noticia_nor
Afrontar o confinamento 
-Mónica Diz-

recursos, pautas, comunidade

Nesta entrada atopamos unha serie de recursos compartidos pola orientadora Mónica Diz. Podemos atopar pautas para as famlias, docentes, guías de afrontamento psicolóxico, estudar na corentena, e moitos máis. 

Captura de pantalla 2021-01-25 a las 18.
Gamificación e covid
-IES Francisco Aguiar-

xogo, gamificación, protocolo

Este xogo traballa aspectos básicos sobre o protocolo covid_19 dos centros. Esta pensado para alumnado do último ciclo de primaria e primeiro de secundaria. 

Unknown.jpg

baile, deporte, movemento

Clase de baile online
-IES A Sardiñeira-

Este centro tiña como actividades extraescolares clases de baile. Que aparece unha pandemia e temos que pechar o centro? pois levamos as clases ás casas de todo o alumnado. Úneste ó reto? 

Captura de pantalla 2021-01-25 a las 21.

deporte, movemento, xogo

​Móvete pero na casa
-IES A Sardiñeira-

Un divertido xogo no que levaremos o movemento máis aló do tableiro. Para todas as idades. 

P_Componente_1442865549005_1920_1280_U_3

deporte. movemento, casa

Deporte en liña
-Concello da Coruña-

Unha páxina creada polo concello coruñés, para axudar a manternos en forma e levar unha vida activa a saudable dende a casa. Conta con vídeos para seguir as actividades,  recomendacións e moito moito movemento. 

Captura de pantalla 2021-01-25 a las 21.

cartaces, covid, arte

Cartaces contra o virus​
-IES Virxe do mar de noita-

Na revista creada por este centro podemos ver este proxecto realizado polo alumnado do 1º curso do Ciclo de vídeo, DJ e Son. Levaron a cabo unha campaña fotográfica para recordar da importancia de protexernos contra a covid. 

Captura de pantalla 2021-01-26 a las 13.
Unprofesor
-Comunicade educativa-

materias, ciencias, vídeos

Esta canle de youtube conta con moitos vídeos explicativos por parte de diversos mestres e mestras. Podes atopar dende ciencias naturiais, sociais, música, artes, e moito máis. 

el_origen_de_los_elementos_quimicos_iaa.
Aprende ciencia en casa con el CSIC
-CSIC-

recursos, materias, vídeos

O Consello Superior de Investigadores Científicas (CSIC) conta cunha gran cantidade de recursos online postos a nosa disposición para que a aprendizaxe non se vexa interrompida por esta situación sanitaria. 

Captura de pantalla 2021-02-16 a las 21.
Xogos para a corentena
-Xogos Tradicionais-

tradición, xogos, corentena

Esta páxina web promovida polo observatorio do patrimonio lúdico galego, conta cun longo catálogo de artesás/áns, de museos, de páxinas web e por suposto, moitos xogo. Destacamos esta publicación chamada xogos para a corentena que non podes perder. Papiroflexia, para construír, xogos tradicionais...e moita diversión!

Canles de educación online

20200330141022_vlcsnap2020032318h21m13s0
Aquelando na casa 
-CRTVG-

ciencias, divulgación, aquelar

Aquelando é un programa de televisión de divulgación científica orientado a todos os públicos. Como apoio o alumnado galego que ve os centros educativos pechados, é emitido pola televisión de galicia. Ademáis deste enlace as emisións da tvg, podes acceder ó seu blog e atopar máis programas. 

Xeoclip.png
XeoClip
-CRTVG-

xeografía, recursos, programas

Durante o confinamento, a tvg promovío a dinamización de proxecto como XeoClip. Unha innovadora proposta didáctiva e audiovisual para a aprendizaxe de xeoloxía e paisaxe. Videos creados con últimas xeracións tecnolóxicas. Moi interesante e moi entretido. 

Captura de pantalla 2021-01-26 a las 13.
Aprendemos en Casa
-Ministerio de educación e formación profesional-

recursos, materias, vídeos

O Goberno de España creou a través da TVE clases e formación en horario de mañá. De marzo a xuño do 2020 puidemos acceder a material educativo creado por mestres e mestras de todo o país dende a tv dos nosos fogares. Podes acceder a cada un dos programas neste enlace. 

bottom of page