top of page

Páxinas Web

viruscovid.png
Recurso 9.png
Guía práctica 
-CEIP  de Prácticas-

normas, educativas, prevención

O documento que comparte este centro educativo explica cales son as novas normas a seguir durante a pandemia. O orixinal é que están redactadas en diferentes táboas, polo tanto, son moito máis visuais e fáciles de entender que os documentos onde soamente existen páxinas de redacción. Entre as normas están os procedementos de entrada e saída, como serán as titorías e as xestións administrativas; a explicación da importancia do uso de máscara no centro educativo ou como se realizarán as festas e eventos neste primeiro trimestre.

Recurso 10.png
Con moito sentidiño 
-CEIP  a Carballeira-

medidas, covid, checho

No blog “O murmurio das palabras”, desenvolto polos equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística do CEIP A Carballeira, estáblecese a entrada en mención: “Comezamos, con moito sentidiño!!!”. Para tratar o tema das pautas de actuación respecto ao coronavirus na escola fan uso da mascota do centro, é dicir, de Berberecho Checho, que, coa súa máscara posta, invita ao alumnado a empregala tamén e a respectar a distancia de seguridade, entre outras medidas que se deben tomar na escola.

Captura de pantalla 2021-01-22 a las 22.
Un conto para todxs 
-CEIP  San Roque-

conto, principes, princ

Na páxina web do CEIP Plurilingüe de San Roque de Darbo, encóntrase esta entrada ao seu blog, titulada “un conto para todos”. Dende o equipo de orientación propoñen aos nenos e nenas a lectura do libro de María Coco Hernando: Coronavirus no es un príncipe (ni una princesa). Cun formato de libro online, este presenta a unha personaxe infantil que vai narrando como, no confinamento, está pasando polo coronavirus, explicando o que é, os síntomas e as medidas a tomar.

Captura de pantalla 2021-01-22 a las 22.
O Emilia gaña ao coronavirus 
-CEIP  Emilia Pardo Bazán-

conto, principes, princ

Trátase dun conto realizado por alumnado e profesorado do centro que narra e presenta a situación de pandemia que se está a vivir. Ofrece un audio infantil, texto sinxelo e imaxes reais, sacadas por todos aqueles que participaron na súa elaboración. Pódese usar como exemplo para crear este mesmo tipo de recurso en calquera outro centro educativo de Galicia. 

Recurso 16.png
Eu quedo na casa 
-CEIP A Ponte-

conto, corentena, confinamento

Un conto sobre as aventuras dun neno durante o confinamento, que nos motiva a permanecer nesta situación ata que a situación mellore. 

Recurso 11.png
Lavamos as mans con Migallas
-CEIP  a Carballeira-

migallas, hixiene, biblioteca

Este blog  “O murmurio das palabras”, está desenvolto polos equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística do CEIP A Carballeira.  Neste apartado colgan un vídeo do grupo Migallas, no que ensinan aos rapaces e rapazas, mediante unha divertida canción en galego, a lavarse as mans, atendendo ao protocolo Covid-19.

descarga.jpeg
Poesía Confinada
-CEIP Isidro Parga Pondal-

poesía, confinamento, alumando

O alumnado de 5º de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Oleiros) quixeron conmemorar o día do libro creando poemas. Todos eles dende unha visión baixo o marco dunha pandemia. Na súa páxina podes atopar outros recursos e actividades levadas a cabo.

Captura de pantalla 2021-01-25 a las 14.

pdf, informativo, covid

Unha explicación paso a paso de todo o que levamos vivido ata o de agora, con gráficos e conceptos sinxelos para que os nenos e nenas comprendan que o seus actos fan deles uns superheroes contra o virus. 

descarga.jpeg
Escape Game Virtual
-CEIP Isidro Parga Pondal-

xogo, confinamento, virtual

Despos de moitos días confinadxs, este centro educativo crea un xogo en liña, un Escape Game. Preparadevos para superar cada misión antes de que finalice o tempo. 

aulasgalegas80.png
Recursos covid
-Aulas Galegas-

recursos, covid, coronavirus

Dende a páxina oficial de Aulas Galegas comparten unha gran cantidade de recursos para primaria, infantil, adolescentes, adultos, etc. Neste enlace atoparás aqueles específicos sobre o covid. 

Captura%20de%20pantalla%202021-01-25%20a
Arte na casa
-CPI Castroverde-

arte, alumnado, casa

O CPI Plurilingüe de Castroverde comparte unha actividade levada a cabo dende os fogares do alumnado do centro. Trasnformáronse en cadros!

logo.png
Propostas para casa
-CRA Mestre Manuel Garcés-

propostas, actividades, xogos

Comparten dende o CRA Mestre Manuel Garcés as propostas que lles enviaron ó alumnado durante os meses de confinamento. Podes atopar receitas, herbarios, pintura e ata viaxes!

descarga.png
Galiciencia proxectos
-CPI Poeta Uxío Novoneyra-

ciencia, experimentos, máscaras

Comparten na páxina do CPI Poeta Uxío Novoneyra os proxectos que presentario o Galiciencia 2020, entre eles podes ver experimentos sobre o uso das máscaras e moitos máis. 

unicef-educa-salud-biblioteca-educacion-
Lavamos ben as mans
-Orientación Galicia-

hixiene, poema, actividade

Dende Orientación en Galicia, comparten esta actividade para educación infantil baseada no poema "Mans á aula". 

Captura de pantalla 2021-01-25 a las 22.
Recursos xerados por DO
-Orientación Galicia-

recursos, actividades, orientación

Comparten dende esta páxina de Orientación Galicia un banco de recursos xerados por diferentes departamentos de orientación, pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe e os equipos de orientación específicos de toda España.

logo_transparente.png
Traballos colaborativos 
-CEIP Condesa de Fenosa-

recursos, actividades, colaborativo

Nesta entrada da páxina do CEIP Condesa de Fenosa podemos ver os traballos que fixeron alumnado do primeiro ciclo de primaria. Poemas, contos... navegade pola súa web e atoparedes moito máis. 

Captura de pantalla 2021-01-25 a las 20.
Retrincos de cores
-Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia-

debuxo, infancia, superación

Un caderno emocional para traballar con nenos e nenas de educación infantil e primaria a situación que estamos vivindo a través do debuxo e as emocións. 

Captura de pantalla 2021-01-25 a las 21.
Guía Mindfulness
-Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia-

mindfulness, relaxación, estrés

O grupo de intervención psicolóxica en catástrofes e emerxencias (GIPCE) elaborou dúas guías  de mindfulness para levar a cabo en momentos de estres. Neste enlace podes acceder ás mesmas e ós audios para seguir as prácticas. 

Captura de pantalla 2021-01-25 a las 23.
Xogos coronavirus
-CEIP Alborada-

recursos, xogos, actividades

A profe Paola comparte dende fai alguns anos neste blogue as actividades, xogos e propostas que fai co seu alumnado. Nesta ocasión comparte un taboleiro con diversos xogos online para aprender e pasalo ben.

Unknown.png

recursos, web,programas

Praza comparte "Unha ducia de webs  para seguir  aprendendo en galego durante a corentena". Entre elas atopamos o portais de música, vídeos, editoriais, tv. Hai recursos para todxs, docentes, familias, alumnado, etc. 

el_origen_de_los_elementos_quimicos_iaa.
Aprende ciencia en casa con el CSIC
-CSIC-

recursos, materias, vídeos

O Consello Superior de Investigadores Científicas (CSIC) conta cunha gran cantidade de recursos online postos a nosa disposición para que a aprendizaxe non se vexa interrompida por esta situación sanitaria. 

Captura de pantalla 2021-02-16 a las 21.
Xogos para a corentena
-Xogos Tradicionais

tradición, xogos, corentena

Esta páxina web promovida polo observatorio do patrimonio lúdico galego, conta cun longo catálogo de artesás/áns, de museos, de páxinas web e por suposto, moitos xogo. Destacamos esta publicación chamada xogos para a corentena que non podes perder. Papiroflexia, para construír, xogos tradicionais...e moita diversión!

Canles de educación online

20200330141022_vlcsnap2020032318h21m13s0
Aquelando na casa 
-CRTVG-

ciencias, divulgación, aquelar

Aquelando é un programa de televisión de divulgación científica orientado a todos os públicos. Como apoio o alumnado galego que ve os centros educativos pechados, é emitido pola televisión de galicia. Ademáis deste enlace as emisións da tvg, podes acceder ó seu blog e atopar máis programas. 

Captura de pantalla 2021-01-26 a las 13.
Aprendemos en Casa
-Ministerio de educación e formación profesional-

recursos, materias, vídeos

O Goberno de España creou a través da TVE clases e formación en horario de mañá. De marzo a xuño do 2020 puidemos acceder a material educativo creado por mestres e mestras de todo o país dende a tv dos nosos fogares. Podes acceder a cada un dos programas neste enlace. 

bottom of page