top of page
familias.png
Blue Covid Awareness Face Mask Managemen

máscaras, lingüa, corentena

Unha mestra de música compártenos diferentes alternativas para poder realizar actividades na aula seguindo o protocolo Covid-19 mantendo a distancia de seguridade e evitando todo tipo de contacto entre o alumnado. O eixo principal destas propostas é a percusión corporal, a cal pode desenvolverse con todo tipo de materias. É por iso que nestas propostas o alumnado traerá o seu propio material de traballo para realizar diferentes actividades de percusión (culleres, material escolar, vasos… etc).

20155.png
Captura de pantalla 2021-01-22 a las 0.0
Contaxio
-Orientación en Galicia-

conto, contaxio, emocional

Contaxio, un conto didáctico e emocional en tempos da COVID_19 comeza cunha reflexión sobre a palabra “contaxio”. Falan de temos como a trizteza, a xustiza a valentía...un fermoso recurso onde colaboraron grandes artistas como Ledicia Costas, María Solar, Fran Alonso coas xeniais ilustracións de Leandro Lamas

20155.png
F585E1A5-0BC6-43C5-9E35-34F1416E49B7.png
Historias de Icía e Avoa
-Historias de Icía e Avoa-

humor, sátira, viñetas

Este blogue creado por Sabela Arias adicábase antigamente a realizar sátira e retranca sobre diversos temas da nosa vida cotiá, onde as protagonistas son Icía e a súa avoa: medio ambiente (coas entradas de “océanos”, “lume e incendios”, “plástico”, “cambio climático”) cultura galega (“cocido”, “Vigo reluce máis”, “Entroido”, “San Froilán”) política exterior (“Brexit) violencia de xénero ( “ninunhamáis”) etc. Na actualidade estes temas mudaron para tratar unicamente a COVID-19. Dende a súa primeira publicación o 3 de marzo co nome “coronavirus”,  poderemos facer un percorrido sobre tódalas situacións que vivimos dende aquela: “coronavirus II parte” “coronavirus III parte” “coronavirus verán”, “coronavirus eleccións…) 

20155.png
cropped-nenas.jpg
E houbo tempo para
-Escola infantil na casa-

organizar, medidas,saúde

O grupo de mestras da Escola Infantil de Valadares de Vigo ábrenos as portas para mostrar o procedemento levado a cabo co fin de adaptar o espazo educativo ao protocolo COVID-19. Ao principio do relato observamos as súas dúbidas e medos polo próximo curso escolar, alegando que noutras ocasións, certos temas non se revisan tan a fondo como este. Aínda así este ano era preciso revísalo todo, polo que tiveron que realizar cambios estruturais dentro do centro para cumprir coas medidas sanitarias, obxectivo que ao final acadaron a finais de verán.

20155.png
Cabecerafinal_azul2.jpg
Miña casiña meu lar
-É un falar-

saúde, coronavirus, covid

Este blogue do colexio IES Leiras Pulpeiro (Lugo) achéganos unha versión normativa sobre a correcta maneira de dicir “coronavirus”, en vez de coroavirus”; así como tamén de “corentena” en vez de “cuarentena”. Remata explicando que a palabra do ano 2020 foi “sentidiño” e que posiblemente a de este ano será “coronavirus”. Ademáis, a entrada deste blogue conta cun hashtag denominado #MiñaCasiñaMeuLar, moi apropiado para a súa difusión nas redes sociais

20155.png
Captura de pantalla 2021-01-22 a las 12.
TEAconsellos
-Fed. Autismo de Galicia-

adaptación, TEA, corentena

A Federación Autismo Galicia, achégannos valiosas ideas e recursos para afrontar a ansiedade e tensión cos familiares das persoas que sofren este tipo de trastorno. Propoñen consellos para afrontar o día a día, enlaces, libros, aplicacións para traballar as emocións, o comportamento social, a conduta, habilidades académicas, etc. Neste blogue contamos con 7 presentacións en liña, nas que podemos atopar uns documentos realizados con pictogramas explicando por exemplo por que saímos ao balcón a aplaudir ou como debemos comportarnos cando saímos da casa, 

20155.png
descarga.jpeg
Contos con Papiroflexia
-CRA Monterrei-

conto, papiroflexia, coronavirus

Un con con papiroflexia relata a presenza dun virus chamado “coronavirus”. Conta cunha mensaxe esperanzadora, dando importancia a responsabilidade de cada unh/unha. 

Captura de pantalla 2021-01-22 a las 12.
Programación Didáctica
-Gigas de Tiza-

programación, mestrxs, didáctica

Este blogue destinado á comunidade educativa, en especial aos mestres, conta cun recopilatorio de diversas publicacións dos distintos tipos de recursos para adaptar a nosa Programación Didáctica á COVID.19. Entre os temas, inclúense protocolos e marcos legais, e a importancias das Tic. 

20155.png
Captura de pantalla 2021-01-22 a las 12.
Oca do Coronavirus
-O recuncho das palabras-

xogo, oca, adaptación

Este blogue achega un recurso didáctico adaptado a estes tempos de coronavirus. Danos ideas de como poder adaptar calquera xogo tradicional a unha temática determinada, coma neste caso. 

20155.png
Captura de pantalla 2021-01-22 a las 16.
Entrando nos fogares
-Innovarte Educación-

clases, virtuais, titorías

A pandemia alterou  a normalidade do ensino presencial para adaptala a un escenario telemático. A autora desta entrada, aborda a gran importancia que tivo para ela estreitar os lazos cos familiares do seu alumnado. 

20155.png
bottom of page