Blogues
Música en tempos de Covid
-Dando a nota-
máscaras, lingüa, corentena
Unha mestra de música compártenos diferentes alternativas para poder realizar actividades na aula seguindo o protocolo Covid-19 mantendo a distancia de seguridade e evitando todo tipo de contacto entre o alumnado. O eixo principal destas propostas é a percusión corporal, a cal pode desenvolverse con todo tipo de materias. É por iso que nestas propostas o alumnado traerá o seu propio material de traballo para realizar diferentes actividades de percusión (culleres, material escolar, vasos… etc).
Contaxio
-Orientación en Galicia-
conto, contaxio, emocional
Contaxio, un conto didáctico e emocional en tempos da COVID_19 comeza cunha reflexión sobre a palabra “contaxio”. Falan de temos como a trizteza, a xustiza a valentía...un fermoso recurso onde colaboraron grandes artistas como Ledicia Costas, María Solar, Fran Alonso coas xeniais ilustracións de Leandro Lamas
Adiós ríos, adiós fontes
-Zoando o vento-
música, covid, violonchelo
Alessandra Gallo é unha música profesional galega que emigrou a Suiza para adicarse á musica, onde actualmente traballa nunha orquestra. Decidiu versionar o poema de Rosalía de Castro “Adeus ríos, adeus fontes” adaptada aos novos tempos de pandemia. Voz e violonchelo
Máscaras con mensaxes
-O Fiadeiro da lingüa-
máscaras, lingüa, corentena
Actividade para crear e decorar máscaras, que pese a non ser homologadas para previr a covid_19 si que o están para promover a lingüa, a cultura as letras galegas.
Historias de Icía e Avoa
-Historias de Icía e Avoa-
humor, sátira, viñetas
Este blogue creado por Sabela Arias adicábase antigamente a realizar sátira e retranca sobre diversos temas da nosa vida cotiá. Na actualidade estes temas mudaron para tratar unicamente a COVID-19. Dende a súa primeira publicación o 3 de marzo co nome “coronavirus”, poderemos facer un percorrido sobre tódalas situacións que vivimos dende aquela: “coronavirus II parte” “coronavirus III parte” “coronavirus verán”, “coronavirus eleccións…)
Miña casiña meu lar
-É un falar-
saúde, coronavirus, covid
Este blogue do colexio IES Leiras Pulpeiro (Lugo) achéganos unha versión normativa sobre a correcta maneira de dicir “coronavirus”, en vez de coroavirus”; así como tamén de “corentena” en vez de “cuarentena”. Remata explicando que a palabra do ano 2020 foi “sentidiño” e que posiblemente a de este ano será “coronavirus”. Ademáis, a entrada deste blogue conta cun hashtag denominado #MiñaCasiñaMeuLar, moi apropiado para a súa difusión nas redes sociais
E houbo tempo para
-Escola infantil na casa-
organizar, medidas,saúde
O grupo de mestras da Escola Infantil de Valadares de Vigo ábrenos as portas para mostrar o procedemento levado a cabo co fin de adaptar o espazo educativo ao protocolo COVID-19. Ao principio do relato observamos as súas dúbidas e medos polo próximo curso escolar, alegando que noutras ocasións, certos temas non se revisan tan a fondo como este.
Programación Didáctica
-Gigas de Tiza-
programación, mestrxs, didáctica
Este blogue destinado á comunidade educativa, en especial aos mestres, conta cun recopilatorio de diversas publicacións dos distintos tipos de recursos para adaptar a nosa Programación Didáctica á COVID.19. Entre os temas, inclúense protocolos e marcos legais, e a importancias das Tic.
TEAconsellos
-Fed. Autismo de Galicia-
adaptación, TEA, corentena
A Federación Autismo Galicia, achégannos valiosas ideas e recursos para afrontar a ansiedade e tensión cos familiares das persoas que sofren este tipo de trastorno. Propoñen consellos para afrontar o día a día, enlaces, libros, aplicacións para traballar as emocións, o comportamento social, a conduta, habilidades académicas, etc.
Contos con Papiroflexia
-CRA Monterrei-
conto, papiroflexia, coronavirus
Un con con papiroflexia relata a presenza dun virus chamado “coronavirus”. Conta cunha mensaxe esperanzadora, dando importancia a responsabilidade de cada unh/unha.
Entrando nos fogares
-Innovarte Educación-
clases, virtuais, titorías
A pandemia alterou a normalidade do ensino presencial para adaptala a un escenario telemático. A autora desta entrada, aborda a gran importancia que tivo para ela estreitar os lazos cos familiares do seu alumnado.
Oca do Coronavirus
-O recuncho das palabras-
xogo, oca, adaptación
Este blogue achega un recurso didáctico adaptado a estes tempos de coronavirus. Danos ideas de como poder adaptar calquera xogo tradicional a unha temática determinada, coma neste caso.